
UXÍO LÓPEZ – O BOI E A DIFERENZA REPETIDA
O BOI
Como cabeza dunha serie de obras de experimentación técnica de fixativos sobre papel, onde a mistura de pigmentos, azares e formas procuradas co traballo do sol en tempos de penumbras fortuitas ou achadas, fan cada obra única, disposta con repetible diferenza.
A DIFERENZA REPETIDA
A diferenza repetida é unha variación que se integra dentro da serie Agasallo consumista, que nace alá polo ano 2017 co obxectivo de suscitar a reflexión sobre a necesidade que temos de agasallar algo, cando realmente non é necesario. Esa ansía de mercar, mercar e mercar.
A súa orixe está nos sobres de mensaxeria online, nos que me enviaban discos de
música e eu ía gardando. Cando cheguei a ter unha certa cantidade, comencei a serie. Xa máis tarde decidín mercar directamente os sobres, adaptándoos a un soporte de panel composite.
Con respecto á variación – A diferenza repetida – na que todo parece repetirse, tento facer o diferente moi parecido, e viceversa. Marcar distancias curtas entre as pezas que integran cada obra, plasmando ideas moi semellantes, pero no fondo diferentes entre elas. Trato de xogar un pouco coa fraxilidade da mirada e tamén da memoria. Igual que cada sobre en si é único, un distinto agasallo, co seu nome, enderezo, cor ou prezo, aínda que no fondo non o sexa tanto. En realidade, moitos deles pertenecen a un só pretexto, consumir, que é o factor que os iguala.
Só aquí é donde concibo cada conxunto coma unha obra diferente, para facela máis distante entre as diferentes partes da serie. Pinto caixas destapándose para ofrecer unha sorpresa, e cubos para ocultar esa mesma sorpresa.
as obras
-
- Agotado
O boi
- Uxío López - A Micalla
- 350,00 €
- Leer más
-