Arte, Natureza e Gastronomía

FERROL · FINCA DOS MARES
24 e 25 de maio de 2025

VIDEA 2025
Cabo Prior - Cobas

Somos un festival diferente. Facemos unha inmellorable combinación de cultura, enoturismo, gastronomía e espectáculo. 

Queremos dar a coñecer os nosos artistas, a contorna rural e dunha maneira diferente a que estamos acostumados, acompañado de música en vivo e a proxección dun filme que promova a cultura galega.

Un festival para espertar os sentidos, disfrutando da riqueza dun territorio singular dende unha aproximación responsable e sostible.

PROGRAMA VIDEA FEST 2025

24 de maio

sábado

Apertura oficial da mostra do artista galego Uxío López, coa presenza do autor.
Ao longo do día ofreceranse visitas guiadas ás 12:00, 14:30, 17:00 e 19:00, acompañadas polo propio artista.

Ambientada coa actuación en directo de Malditos Pendejos, unha proposta cargada de humor e punk-rock sen filtros.

Mercado de roupa de segunda man cun enfoque sustentable e de consumo responsable.

Cociña atlántica contemporánea elaborada con produtos locais.

Degustación de viños galegos.

Sesión exclusivamente en vinilo a cargo de Chulimod.

DJ La Vepe, con hits sigloveintescos en formato vinilo de sete polgadas 7″.

A autora conversa sobre a súa obra nun espazo íntimo e participativo.

Actuación en directo de Flanagan, banda de soul ourensán formada por músicos veteranos cun son cálido e elegante.

DJ Crebinsky, que basea gran parte do seu repertorio na música balcánica, pero viaxa polo mundo a través do funk brasileiro, o rock británico ou mesmo a música clásica.

Sorteo dunha obra orixinal do artista Uxío López entre os asistentes á festival.

Actuación de BANG74, grupo ferrolán de rock alternativo que mestura guitarras afiadas e melodías poderosas para pechar a noite con enerxía.

Proxección do documental «O auto das ánimas», unha proposta de cinema galego contemporáneo.

25 de maio

Domingo

Un percorrido guiado de 5 km centrado na historia militar da zona: as baterías, o faro e a vida das súas xentes. Un paseo para redescubrir o patrimonio e gozar das impresionantes vistas do Atlántico.

Acto final do festival na Finca dos Mares, espazo que acollerá a edición 2025. Un momento de encontro e despedida compartida para pechar esta edición.

ENTRADAS/BONO

VideaFest 2025 Cartel

BONO VIDEA FEST25

ARTE - SENDEIRISMO - GASTRONOMÍA
15
  • EXPOSICIÓN DE UXÍO LÓPEZ
  • DEGUSTACIÓN E CATA DOS VIÑOS
  • PARTICIPACIÓN NO SORTEO DUNHA OBRA
  • UN PASE O FILME "O AUTO DAS ÁNIMAS"
  • CONCERTOS

O ARTISTA

Uxío López

Uxío López é un artista plástico galego cunha traxectoria sólida e recoñecida no ámbito da pintura contemporánea. 

A súa obra destaca pola liberdade expresiva e a experimentación con diferentes técnicas e soportes, como lenzo, papel, metal e madeira. Uxío López combina referencias figurativas con elementos matéricos, creando composicións que invitan á reflexión e á relectura simbólica. Traballa desde o seu estudo en Vilagarcía de Arousa, un espazo que describe como o lugar onde se sente verdadeiramente no seu elemento.

Na exposición “Meninas e outros inéditos”, presentada no festival, Uxío López reúne unha coidada selección de obras recentes e outras menos coñecidas da súa traxectoria.

Para máis información sobre o artista e a súa obra, podes visitar a súa páxina web oficial: uxiolopez.com.

Finca dos Mares

Fernando Ameneiros

Finca dos Mares é o corazón do festival: un espazo singular entre o monte e o mar, cun entorno natural privilexiado e unha arquitectura que dialoga coa paisaxe. A súa atmosfera vibrante e serena á vez favorece o encontro e a expresión artística, nun contacto directo coa natureza. Rodeada de máis de 5.000 metros cadrados de xardíns e bosque, a finca ofrece zonas ao aire libre para o lecer e a creación, así como espazos interiores onde se desenvolverán distintas actividades do festival.

A exposición de Uxio López situarase tanto no interior como no exterior, ofrecendo unha experiencia artística fluída entre contornas. Os concertos e DJ sets terán lugar nos xardíns, aproveitando a amplitude e a beleza do espazo ao aire libre, nun ambiente distendido e aberto á participación. Tamén ao aire libre será a proxección de cinema, unha sesión nocturna baixo as estrelas que reforza a memoria compartida do evento.

Unha parte fundamental desta edición é Fernando Ameneiros, impulsor da Finca dos Mares e tamén cociñeiro. Con anos de experiencia no mundo da hostalaría, Fernando desenvolve unha cociña atlántica baseada no produto local, a tempada e o respecto polos sabores esenciais. Durante o festival, será o protagonista dun showcooking no que dará mostra do seu estilo: creativo, honesto e profundamente vinculado ao territorio.

adegas

túnel do viño

COLABORADORES

INSTITUCIÓNS E EMPRESAS COLABORADORAS