A Experiencia do VIDEA 2025
Cabo Prior - Cobas
O Videafest 2025 foi unha fin de semana para sentir, descubrir e celebrar. Un encontro cheo de arte, música, literatura, gastronomía e natureza, que fixo da Finca dos Mares un escenario único onde todo cobrou sentido.
Houbo tempo para emocionarse coa exposición de Uxío López, deixar que a música nos guiase, descubrir historias a través dos libros, explorar a paisaxe en roteiros inesquecibles e saborear o mellor da nosa terra a través do viño e da cociña con alma.
Cada actividade foi pensada para conectar co territorio e coa xente, facendo da cultura unha experiencia viva, próxima e compartida.
Así é o Videafest: un festival que medra dende a paisaxe e con ela, e que continúa a súa andaina como espazo de encontro, inspiración e futuro.

arte
Exposición de Uxío López "Meninas e outros inéditos"
A arte de Uxío López foi unha das grandes protagonistas do Videafest 2025. A exposición “Meninas e outros inéditos” transformou a Finca dos Mares nun espazo onde a arte se mesturou coa natureza.
Ao remate da mostra, un dos participantes levou unha das obras orixinais por sorteo, pechando esta experiencia artística con emoción





Música
Malditos Pendejos
· Flanagan
· BANG74
DJ Chulimod · DJ La Vepe · DJ Crebinsky
· Malditos Pendejos
· Flanagan
· BANG74
· DJ Chulimod
· DJ La Vepe
· DJ Crebinsky















VIÑO E GASTRONOMÍA
A Finca dos Mares foi o escenario perfecto para unha experiencia gastronómica que combinou territorio e emoción. A proposta correu a cargo de Fernando Ameneiros, anfitrión do espazo e responsable dunha selección que equilibrou sabor e identidade, mesturando tradición e creatividade nun diálogo honesto coa paisaxe.
No túnel do viño, máis de 20 adegas galegas compartiron cos asistentes os seus mellores viños, poñendo en valor a riqueza e diversidade vitivinícola do país.






























Adegas do Túnel do Viño
Finca dos Mares
Fernando Ameneiros
Finca dos Mares é o corazón do festival: un espazo singular entre o monte e o mar, cun entorno natural privilexiado e unha arquitectura que dialoga coa paisaxe. A súa atmosfera vibrante e serena á vez favorece o encontro e a expresión artística, nun contacto directo coa natureza. Rodeada de máis de 5.000 metros cadrados de xardíns e bosque, a finca ofrece zonas ao aire libre para o lecer e a creación, así como espazos interiores onde se desenvolverán distintas actividades do festival.
A exposición de Uxio López situarase tanto no interior como no exterior, ofrecendo unha experiencia artística fluída entre contornas. Os concertos e DJ sets terán lugar nos xardíns, aproveitando a amplitude e a beleza do espazo ao aire libre, nun ambiente distendido e aberto á participación. Tamén ao aire libre será a proxección de cinema, unha sesión nocturna baixo as estrelas que reforza a memoria compartida do evento.
Unha parte fundamental desta edición é Fernando Ameneiros, impulsor da Finca dos Mares e tamén cociñeiro. Con anos de experiencia no mundo da hostalaría, Fernando desenvolve unha cociña atlántica baseada no produto local, a tempada e o respecto polos sabores esenciais. Durante o festival, será o protagonista dun showcooking no que dará mostra do seu estilo: creativo, honesto e profundamente vinculado ao territorio.

