Arte, Natureza e Gastronomía

FERROL · FINCA DOS MARES
24 e 25 de maio de 2025

A Experiencia do
VIDEAfest 2025 - Finca dos Mares

O Videafest 2025 foi unha fin de semana para sentir, descubrir e celebrar. Un encontro cheo de arte, música, literatura, gastronomía e natureza, que fixo da Finca dos Mares un escenario único onde todo cobrou sentido.

Houbo tempo para emocionarse coa exposición de Uxío López, deixar que a música nos guiase, descubrir historias a través dos libros, explorar a paisaxe en roteiros inesquecibles e saborear o mellor da nosa terra a través do viño e da cociña con alma.

Cada actividade foi pensada para conectar co territorio e coa xente, facendo da cultura unha experiencia viva, próxima e compartida.

Así é o Videafest: un festival que medra dende a paisaxe e con ela, e que continúa a súa andaina como espazo de encontro, inspiración e futuro.

arte

Exposición de Uxío López "Meninas e outros inéditos"

 A arte de Uxío López foi unha das grandes protagonistas do Videafest 2025. A exposición “Meninas e outros inéditos”  transformou a Finca dos Mares nun espazo onde a arte se mesturou coa natureza.
Ao remate da mostra, un dos participantes levou unha das obras orixinais por sorteo, pechando esta experiencia artística con emoción.

Música

Malditos Pendejos · Flanagan · BANG74
DJ Chulimod · DJ La Vepe · DJ Crebinsky

A banda sonora do Videafest 2025 chegou da man dunha coidada selección de DJ sets e concertos en directo, creando ambientes únicos para gozar da contorna e da compañía. Desde os ritmos máis suaves durante o día ata as sesións máis vibrantes ao solpor, a música acompañou cada momento do festival, reforzando o seu carácter emocional e comunitario.

VIÑO E GASTRONOMÍA

A Finca dos Mares foi o escenario perfecto para unha experiencia gastronómica que combinou territorio e emoción. A proposta correu a cargo de Fernando Ameneiros, anfitrión do espazo e responsable dunha selección que equilibrou sabor e identidade, mesturando tradición e creatividade nun diálogo honesto coa paisaxe.
No túnel do viño, máis de 20 adegas galegas compartiron cos asistentes os seus mellores viños, poñendo en valor a riqueza e diversidade vitivinícola do país.

Adegas do Túnel do Viño

roteiros

Cabo Prior e Rego Magno

O festival incluíu un roteiro guiado pola contorna de Cabo Prior, unha oportunidade para descubrir o patrimonio natural e cultural da zona da man dunha guía, entre faros, cantís e historias do territorio. Ademais, o roteiro a cabalo polo Rego Magno ofreceu unha experiencia única de conexión coa paisaxe, combinando natureza, calma e aventura nun percorrido inesquecible. 

COLABORADORES

INSTITUCIÓNS E EMPRESAS COLABORADORAS