GUNDIVÓS (SOBER)
Gundivós, 11, 27469 Sober, Lugo
mini biografia
Elías é fillo do antigo mestre oleiro de Gundivós Agapito González. É o oleiro de Gundivós.
No 2003 Elías mercou a Rectoral de Gundivós para convertila no actual Centro Oleiro da Rectoral de Gundivós, así como nunha adega. Realiza espectáculos en vivo e abre unha escola para nenos que queiran aprender olería.
Na Rectoral crea e expón as súa pezas mantendo viva a tradición e o ritual dos oleiros da zona. Emprega o torno baixo, a cocción con leña e o acabado con pez. Crea todo tipo de pezas como ámboas, escurrecubas, copóns e, sobre todo, xarros, que son a peza estrela de Gundivós. Case todas elas de cor negra, que é a cor tradicional das pezas da zona. Moitas das súas obras están ligadas ao mundo do viño.




MODESTO TRIGO

mini biografia
Modesto nace en Gundivós en 1960. En 1977 marcha a Barcelona, comezando a súa actividade artística realizando numerosos retratos en diversas técnicas de pintura e debuxo.
Vive en múltiples lugares da península como Barcelona, Huesca, Lanzarote, Madrid… para rematar de novo en Gundivós, o seu lugar de orixe.
En todos estes anos continúa coa súa pintura hiperrealista realizando murais e sen deixar os retratos. Así encárganlle retratos de personas da Casa Real, da Universidade, personaxes ilustres de diversos ámbitos…
Fai uns cantos anos creou en Gundivós o seu taller museo, onde traballa nas súas obras e imparte clases de pintura. Quere conservar e revalorizar as actividades tradicionais, ademais de poñer en valor o rural.




PROGRAMACIÓN
Obradoiro ELÍAS GONZÁLEZ E MODESTO TRIGO
12:00
OBRADOIRO
Presentación do evento e dos artistas.
Haberá tres espazos culturais distintos para realizar as visitas guiadas:
- Espazo Elías González: un lugar onde poderedes coñecer de primeira man a olería tradicional de Gundivós de man do mestre oleiro Elías González.
- Espazo Modesto Trigo: aquí poderedes desfrutar da técnica e as obras hiperrealistas do pintor Modesto Trigo.
- Espazo José Gil: un espazo de cine adicado a un dos pioneiros do cinema galego.
LIBRO
Presentación do libro "Nos días encantados de agosto", de Manolo González



13:00
MÚSICA
Banda de Música de Valga.
13:30
cata
Proba de viños exclusiva das adegas da Rectoral de Gundivós.

14:00
GASTRONOMÍA / música
Cata maridaxe da man de Delfín, o chef do mar con produtos galegos da mellor calidade.
Ambientación a cargo do DJ Miguel Fuentes.

16:00
OBRADOIROS
Continúan as visitas aos tres espazos culturais:
- Espazo Elías González: un lugar onde poderedes coñecer de primeira man a olería tradicional de Gundivós de man do mestre oleiro Elías González.
- Espazo Modesto Trigo: aquí poderedes desfrutar da técnica e as obras hiperrealistas do pintor Modesto Trigo.
- Espazo José Gil: un espazo de cine adicado a un dos pioneiros do cinema galego.
LIBRO
Presentación do libro "O Benshi de Galicia: o arrebato cinematográfico de Rey Soto", de Manolo González.



17:30
SORTEO
Sortearemos entre os asistentes unha peza do artista Elías González.
