VILAMOURE (PUNXÍN)
Vilamoure, 39, 32456, Punxín (Ourense)
mini biografia
Nado en Vilamoure (Punxín) en 1967, estableceu o seu obradoiro na parroquia na que naceu. Participou na exposición colectiva «Paralelo 42» con outros artistas como Pepe Bouzas ou Manolo Figueiras.
No 2003 sacou á luz “Lugares da Memoria: O Cumial”, organizada pola Deputación de Ourense. No 2023, con Marita Carmona, abre no centro de Ourense a galería de arte Dodo Dadá, un espazo de encontro, debate e aprendizaxe.
Vilamoure considérase un artista figurativo, e nós podemos dicir que tamén transgresor. As súas series veñen inspiradas pola súa propia visión, ás veces sarcástica, sobre o mundo, tratando temáticas relacionadas coa perda de biodiversidade, a paisaxe, a pervivencia da vida a través das imaxes…
mini biografia
Nace en Madrid en 1975. Deixou Belas Artes para sumerxirse no arte mural que ensinaban unhas profesoras da Escola Dárts Aplicades ó Mur, na Llotja de Barcelona.
Reside actualmente en Ourense, onde no 2023 abriu a Galería de Arte Dodo Dadá, xunto a Xosé Vilamoure.
Comeza a expoñer en A Coruña en 1995. Espuxo en cidades como Barcelona, Herne (Alemania), no museo da cidade, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol e Sada.
Crea un mundo persoal, entre a abstracción e a figuración, co que pretende defender a liberdade creativa. Procura eses espazos interiores que todo ser human alberga e cre importante restituílos, expresalos, cuestionalos ou reivindicalos.
As obras resultan inusuais e perturbadoras para alguns e para outras plácidas, tenras e que agochan unha dimensión espiritual moi persoal.