COBAS (meaño)
Rúa Vista, 5B, 36638, Pontevedra
mini biografia
Naceu en Cobas (Pontevedra) en 1961. Pazos comezou a ver as formas das súas futuras obras en todo canto o rodeaba no ámbito rural: nas rochas e nas culturas ancestrais. Despois de cursar os estudos primarios ingresa na Escola de Canteiros de Poio, a súa aldea natal, onde instala o seu taller para dar comezo ás súas primeiras obras e de almuno pasa a mestre.
Seleccionado en Novos Valores, da Bienal de Pontevedra de 1983, obtivo un segundo premio; foi primero na edición do ano siguinte, e medalla de Bronce na XXI Bienal de 1990. A súa consagración chegou coa participación nunha mostra celebrada na Casa de Galicia, da Xunta autonómica, en Madrid.
A escultura de Pazos inspírase nas culturas castrexas. Combina pedra e madeira e ás veces elementos metálicos, para suxerir formas abstractas e, nalgúns casos, aparentemente inacabadas. Estructuras laboriosas entre pedra e madeira combinadas con roturas deliberadas que lle otorgan o seu recoñecemento estético, como se intervisen a chuvia e o vento no perfilamento da súa obra e non o artista. De gran valor plástico son as súas oquedades e incrustacións que hai nas súas superficies como sen acabar.
PROGRAMACIÓN
Obradoiro FRANCISCO PAZOS
10:00
ROTEIRO
Saíndo do Obradoiro de Pazos, faremos un percorrido ata o Miradoiro de San Cibrao, con vistas á Ría de Arousa. Acompañados do escultor, na cima coñeceremos unha das súas obras e el mesmo contaranos a súa historia.

12:00
PRESENTACIÓN
Acto inaugural do Videa Fest 2023.
CATA
20 personas realizarán a primeira das catas deste Videa Fest cos marabillosos viños de Paco&Lola.
12:15
obradoiro
En grupos reducidos, realizaremos visitas guiadas da man de Pazos ao seu propio obradoiro.

13:00
MÚSICA
Actuación do grupo musical Son Trío, composto por Su Garrido Pombo (voz), Susanna Blanco (cello) e Katerina Linke (piano e composición).

14:30
GASTRONOMÍA
Showcooking a cargo do cociñeiro Xoanqui Ameixeiras, con creacións culinarias partindo de produtos locais. Estará dispoñible o seu libro "Receitas para encher o peito".

16:00
OBRADOIRO / MÚSICA
Continuamos coas visitas guiadas ao taller a cargo do propio Francisco Pazos, e con ambientación musical de Chulimod.

17:00
CATA
Outras 20 personas poderán catar os viños de Paco&Lola.

18:00
MÚSICA
Concerto da banda "Dirty Ray", composta por Kevin Weatherill (voz e guitarras acústicas), Antonio Casado (guitarra eléctrica) e Paco Charlín (baixo eléctrico).

19:00
SORTEO
Sortearemos unha peza do artista Francisco Pazos ao remate da primeira xornada do Videa Fest 2023.
