MALLAS (FISTERRA)
Rúa do Carballo, 72, 15154, Mallas (Fisterra), A Coruña
mini biografia
Naceu en Chisinau (Moldavia), 1982. No 2006, en Rumanía, licenciouse na Facultade de Artes Visuais de Cluj-Napoca. Desde o seu país natal acaba en Galicia onde se establece e se desenvolve artisticamente.
A súa práctica artística é figurativa e enfócase principalmente no humano, entendéndoo como unha parte da vida, pero afastada do antropocentrismo; mediante temas como a identidade, a auto-consciencia, a casualidade na formación do valor das cousas e da vida mesma. O seu traballo materialízase en series autónomas onde a narrativa e o formato van da man, a miúdo a partir dun xogo plástico de repeticións, xuxtaposicións de cores e deformacións.
Unha das constantes no seu traballo é a creación de paneis que a través do uso repetitivo de representacións crean unha narrativa. O elemento visual da repetición, especialmente na forma de retratos, é unha obsesión gráfica para a artista, que captura un mundo no que a serialidade é unha característica definitoria. A imaxe final é a miúdo tráxico-cómica.
Con frecuencia o seu traballo articúlase en torno a narrativas que se materializan en pezas que a miúdo buscan funcionar de forma dual: conxuntamente e de forma independente. Aínda que a linguaxe primaria é pictórica, acostuma a introducir elementos performativos e, ás veces lúdicos que buscan ofrecer ao espectador a posibilidade de formar parte, coa súa implicación, na creación da obra de arte.
PROGRAMACIÓN
Obradoiro NATASHA LELENCO
12:00 a 13:00
PRESENTACIÓN
Presentación da xornada a cargo de Carlos Santiago.
ACTUACIÓN
Intervención poemaria de Carlos Santiago.

13:00 a 14:00
OBRADOIRO
Primeiras visitas guiadas por Natasha Lelenco ao obradoiro da artista.
música
Ambientación musical a cargo de DJ Goma.
CATA
Degustación de Viños Cunqueiro - Camiño dos Faros na Taberna do Roxo.

14:00 a 16:00
GASTRONOMíA
Xantar proporcionado por Delfín, o chef do mar.
OBRADOIRO
Continúan as visitas guiadas ao estudo da artista Lelenco.
CATA
Cata de Viños do Atlántico (Castes) na Taberna do Roxo.

16:00 a 17:30
ACTUACIÓN
Disfrutaremos da intervención musical e poemaria a cargo do dúo Aldaolado.
SORTEO
Sortearase unha peza da artista.

17:30
filme
Para rematar o día, proxectaremos o filme "Sica" e as protagonistas estarán para a presentación da película.
