Manolo chazo

OBRADOIRO
The Xalda Art Gallery
Avda Rosalía de Castro, 188, Carril –
Vilagarcía de Arousa
LOCALIZACIÓN
mini biografia
Manolo Chazo nace en Vilaboa – Vilaxoán (Pontevedra) en 1957. Poeta «Os vértices do silencio» e escultor autodidacta, Chazo participou en numerosos actos culturais e sociais. Se traslada a Barcelona en 1977, onde vive ata o seu traslado definitivo a Carril.
Chazo inventa formas e fai poesía co ferro, as súas esculturas son froito do lugar no que nacen, das luces e os ventos da súa finca de Carril.
Seus son tres dos principais monumentos públicos da rexión, como a “Porta da Luz Salgada” unha xigantesca instalación metálica que se converteu nun dos emblemas de Vilagarcía; as “Rosas Rotas” unha poética homenaxe as vítimas do franquismo ou o “Faro das Lúas” que nos días soleados brila no val do Salnés dende a súa atalaia privilexiada do monte Lobeira.


PROGRAMACIÓN
Obradoiro Manolo chazo
11:30 a 12:30
ROTEIRO
Faremos un paseo beira mar, dende The Xalda ART Gallery ata o estudo de Chazo en Carril, con parada no Lavadoiro de Fonte Santa de Carril. Lavadoiro que se atopa a carón do mar moi perto da punta do Bao en Carril. Pía de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea e onde se asenta un banco corrido. Está gorecido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o seu tellado.
CONCERTO
Concerto a cargo Lontras na Fonte Santa de Carril. Lontras é o proxecto persoal de Juan Arca.


13:00
obradoiro
Vista guiada na The Xalda ART Gallery e no Estudo a cargo do Artista Manolo Chazo.

GASTRONOMIA/MARIDAXE
Cata maridaxe da man de Parquistas de Carril (ameixa de Carril) composta de viños Castes con Sito Dieste e Xurxo Alba (Bodegas Albamar).

13:00 - 13:30
libros
Luis Congil “A marabillosa historia do viño en Galicia”

13:30
MÚSICA
Concerto de Fla-meco, coñecidos no Grove e máis aló por facer flamenquiño.
Sra D´j
