VIDEA FEST 2023
Somos un festival diferente. Facemos unha inmellorable combinación de cultura, sendeirismo, gastronomía e espectáculo.
Queremos dar a coñecer os nosos artistas, a contorna rural e os nosos productos culinarios dunha maneira diferente a que estamos acostumados, acompañado de música en vivo e a proxección dun filme que promova o arte.
Un festival para espertar os cinco sentidos, disfrutando da riqueza dun territorio singular dende unha aproximación responsable e sostible.
CULTURA
Visita os estudios e talleres dos/as artistas do Videa Fest.
NATUREZA
En cada xornada percorreremos unha pequena ruta de sendeirismo destacada.
PATRIMONIO
Coñeceredes o patrimonio cultural, histórico, artístico, gastronómico… de varias zonas galegas, ademais das propias obras do/a artista.
GASTRONOMÍA
Da man de grandes da cociña galega, probaredes os mellores pratos cociñados con produtos locais, así como catas de viño de adegas da zona.
PROGRAMA VIDEA FEST 2023
PROGRAMA DO OBRADOIRO
FRANCISCO PAZOS
Saíndo do Obradoiro de Pazos, faremos un percorrido ata o Miradoiro de San Cibrao, con vistas á Ría de Arousa. Acompañados do escultor, na cima coñeceremos unha das súas obras e el mesmo contaranos a súa historia.
Primeiro presentaremos a sesión con Francisco Pazos.
Despois, 20 personas participarán na cata de viños de Paco&Lola.
Visita guiada polo taller a cargo de Francico Pazos, na cal amosaranos as súas obras e técnicas de primera man.
Concerto: Son Trío
Ambientación: Chulimod
Showcooking a cargo do cociñeiro Xoanqui Ameixeiras, con creacións culinarias partindo de produtos locais. Estará dispoñible o seu libro «Receitas para encher o peito».
Outras 20 personas poderán disfrutar dunha cata dos viños de Paco&Lola.
Concerto do grupo Dirty Ray.
Sortearemos entre os/as asistentes unha peza do artista.
PROGRAMA DO OBRADOIRO
NATASHA LELENCO
Presentación da xornada a cargo de Carlos Santiago.
Intervención poemaria de Carlos Santiago.
Visitas guiadas da man de Natasha Lelenco ao obradoiro da artista.
Ambientación musical: DJ Goma
Cata: Viños Cunqueiro – Camiño dos Faros na Taberna do Roxo
Cata: Viños do Atlántico (Castes) na Taberna do Roxo
Xantar proporcionado por Delfín o chef do mar.
Intervención poemaria e musical do dúo Aldaolado.
Sorteo dunha peza de Lelenco.
Proxección do filme Sica, coa presentación das súas protagonistas.
PROGRAMA DO OBRADOIRO
ELÍAS GONZÁLEZ E MODESTO TRIGO
Visita guiada por «Tempos Arqueólogos» ao xacemento do hórreo romano de Proendos, así como a Igrexa románica de Santa María e os petróglifos da zona.
Visitas guiadas aos 3 espazos culturais da xornada:
- Espazo Elías González (olería)
- Espazo Modesto Trigo (pintura)
- Espazo José Gil (cinema)
Presentación de dous libros de Manolo González: «Nos días encantados de agosto» e «O Benshi de Galicia: o arrebato cinematográfico de Rey Soto».
Banda de Música de Valga.
Proba exclusiva dos viños da Rectoral de Gundivós.
Cata maridaxe da man do chef Delfín o chef do mar.
Ambientación musical: DJ Miguel Fuentes
Sortearase unha(s) peza(s) do artista Elías González.
PROGRAMA DO OBRADOIRO
MANOLO PAZ - O CORNO
Benvida con viños de Terras de Lantaño.
Proxección do filme gañador da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián «O Corno», de Jaione Camborda
Coloquio posterior coa directora.
PROGRAMA DO OBRADOIRO
XOSÉ VILAMOURE E GALERÍA DODO DADÁ CON MARITA CARMONA
No Castro de San Cibrao de Lás.
Visitas guiadas polo taller a cargo do artista Xosé Vilamoure.
Concerto de Gonzalo Arca.
Cata de viños de Bodegas Cunqueiro.
Showcooking por «El Taller» de Moisés e Adriana.
DJ Isaac Pedrouzo.
Kwai Chang Caine
Sorteo de dúas obras de Xosé Vilamoure.
Visita á galería con Marita Carmona, con obras dela e de Katrina Biurrun entre outros.
Magosto
DJ Paula Rodríguez
Sorteo dunha obra de Xosé Vilamoure.