Xaquín chaves

OBRADOIRO
LOCALIZACIÓN
mini biografia
Xaquín Chaves, nado en Vilaxoán de Arousa o 16 de xaneiro de 1959, inicia estudos de Bioloxía e Filosofía na U.S.C que abandona para adicarse á actividade creativa. Artista independente e de formación autodidacta, comeza a finais dos setenta a súa actividade expositiva.
A mediados dos 80, Xaquín Chaves é seleccionado para participar na exposición comisariada por Antón Castro “Artistas galegos na fronteira” en Salvaterra do Miño, quedando encadrado no variado rexistro chamado “post-atlantismo” da pintura contemporánea en Galicia. Nesta época, e ata os 90, a obra do autor transita por un discurso de figuración expresionista de vigoroso cromatismo e pincelada xestual, participa nas Bienales de Zamora e Albacete así como na Iª e IIª Mostra Unión Fenosa de A Coruña.
Durante os anos 90, a súa pintura vai evolucionando cara os postulados do expresionismo abstracto, adopta o gran formato como soporte e os pigmentos como pel cromática da súa produción artística. Exposicións na Galería Severo Pardo de Vigo, Obelisco de A Coruña e icónica exposición institucional en A Casa da Parra de Santiago de Compostela xunto á súa participación en ARCO-98 (stand del Macuf) e o Festival Intercéltico de Lorient (stand Xunta de Galicia) confirman a difusión da súa obra no panorama artístico nacional e internacional.
PROGRAMACIÓN
Obradoiro xaquín chaves
11:30 a 12:30
ROTEIRO
Faremos un paseo ao Monte do Castro, cunha visita guiada. O xacemento arqueolóxico do Monte do Castro está situado entre as parroquias de Leiro e Besomaño, no concello de Ribadumia. O castro presenta unhas dimensións medias no contexto característico da Idade de Ferro e no val do Umia, parece ser un dos maior envergadura.
CONCERTO
Concerto Dani Soldevilla


12:30
obradoiro
Vista guiada polo estudo a cargo do Artista Xaquin Chaves, na cal nos amosará a súa obra e as súas técnicas de primeira man.

GASTRONOMIA/MARIDAXE
Cata maridaxe composta de viños Paco & Lola e creacións culinarias partindo de productos da conserveira Mariscadora. Presentación de Viños e conservas.
Chef Rubén García (Pachi). Cociñeiro do CEIP Alomba en Vilagarcía e do Areoso beach na illa de Arousa, onde cunha cociña á vista e integrada na natureza, apostan por produtos de proximidade, de tempada e cunhas elaboracións de coccións rápidas.

13:00
libros
O guión: “AURA 1964” editorial Galaxía por Ignacio Vilar

13:30
MÚSICA
Concerto de MAD MISSION Mad Mission é unha banda formada en Ourense no ano 2014. O estilo que toma como referencia é a música negra dos anos 60 e 70, dando como resultado unha mestura maravillosa de funk, rock e soul.
