Roteiros

ESTUDO Uxío López - Os Ballotes

Roteiro 1

Faremos un tramo da Ruta do Padre Sarmiento dende Vilagarcía de Arousa, no percorrido descubriremos a prehistoria dos petroglifos Os Ballotes. 

Os petroglifos son unha das representacións máis interesantes da arte prehistórica galega.  A estación de Os Ballotes, na parroquia de Bamio, é unha das máis importantes.

ESTUDO XAQUÍN CHAVES - MONTE DO CASTRO

Roteiro 2

Faremos un paseo ao Monte do Castro, cunha visita guiada. 

O xacemento arqueolóxico do Monte do Castro está situado entre as parroquias de Leiro e Besomaño, no concello de Ribadumia. O castro presenta unhas dimensións medias no contexto característico da Idade de Ferro e no val do Umia, parece ser un dos maior envergadura.

ESTUDO MANOLO CHAZO - MONTE DO CASTRO

Roteiro 3

Faremos un paseo beira mar, dende The Xalda ART Gallery ata o estudo de Chazo en Carril, con parada no Lavadoiro de Fonte Santa de Carril

Lavadoiro que se atopa a carón do mar moi perto da punta do Bao en Carril. Pía de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea e onde se asenta un banco corrido. Está gorecido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o seu tellado.