oBRADOIROS abertos
Cultura, Senderismo, Gastronomía e Espectáculo
1 - 9 - 15 outubro
Un festival para descubrir
cultura - gastronomía - patrimonio
Videafest, e un proxecto que pretende promover o Camiño de Santiago de Arousa e Río Ulla, facendo unha inmellorable combinación de cultura, senderismo, gastronomía e espectáculo.
Queremos dar a coñecer os nosos Artistas, o entorno rural e os nosos productos culinarios dunha maneira diferente a que estamos acostumados, acompañado de música en vivo e a proxección dunha filme que promova o arte.
Un festival para despertar os cinco sentidos, disfrutando de la riqueza de un territorio singular dende una aproximación responsable e sostible.
Cultura
Visita dos estudios dos pintores ou escultores participantes neste VideaFest 2022
natureza
En cada xornada percorreremos unha ruta de senderismo destacada
GASTRONOMIA
Da man grandes da cociña presentarán recetas con productos galegos
patrimonio
Coñeceremos propias obras públicas dos artistas,,...
PROGRAMA videafest2022
OUTUBRO
1
PROGRAMA DO OBRADOIRO
UXÍO LÓPEZ
Faremos un tramo da Ruta do Padre Sarmiento dende Vilagarcía de Arousa, no percorrido descubriremos a prehistoria dos petroglifos Os Ballotes. Os petroglifos son unha das representacións máis interesantes da arte prehistórica galega. A estación de Os Ballotes, na parroquia de Bamio, é unha das máis importantes.
Visita guiada polo estudo a cargo do artista Uxío López, na cal nos amosará a súa obra e as súas técnicas de primeira man.
- Concerto: Nacho Pérez
- Hop&Roll (música e marídame de cervexa artesá)
Cata maridaxe da man de Delfín (O chef do Mar) composta de viño Terras de Lantaño e creacións culinarias partindo de productos da cárnica local Montiño.
- Concerto de Paco Charlin “JAZZ FRECUENCY GROUP”
OUTUBRO
9
PROGRAMA DO OBRADOIRO
XAQUÍN CHAVES
Faremos un paseo ao Monte do Castro, cunha visita guiada.
O xacemento arqueolóxico do Monte do Castro está situado entre as parroquias de Leiro e Besomaño, no concello de Ribadumia.
O castro presenta unhas dimensións medias no contexto característico da Idade de Ferro e no val do Umia, parece ser un dos maior envergadura.
Xaquin Chaves, na cal nos amosará a súa obra e as súas técnicas de primeira man.
- Concerto a cargo Dani Soldevilla.
Cata maridaxe da man de Rocío Garrido. Composta de viños Paco & Lola e creacións culinarias partindo de productos da conserveira Mariscadora. Presentación de Viños e conservas.
Chef Rubén García (Pachi). Cociñeiro do CEIP Alomba en Vilagarcía e do Areoso beach na illa de Arousa, onde cunha cociña á vista e integrada na natureza, apostan por produtos de proximidade, de tempada e cunhas elaboracións de coccións rápidas.
Presentación do guión: “AURA 1964” editorial Galaxía por Ignacio Vilar.
- Concerto de MAD MISSION. Banda formada en Ourense no 2014, o seu estilo é unha referencia a música negra dos anos 60 e 70, mestura de funk e soul.
OUTUBRO
15
PROGRAMA DO OBRADOIRO
Manolo chazo
Faremos un paseo beira mar, dende The Xalda ART Gallery ata o estudo de Chazo en Carril, con parada no Lavadoiro de Fonte Santa de Carril.
Lavadoiro que se atopa a carón do mar moi perto da punta do Bao en Carril. Pía de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea e onde se asenta un banco corrido. Está gorecido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o seu tellado.
- Concerto a cargo Lontras na Fonte Santa de Carril, unha contorna idílica para maridar música, natureza e cultura. Lontras é o proxecto persoal de Juan Arca, que dende o seu tobo á beira do río Lagares busca evocar imaxes e paisaxes mentais nos seus oíntes a través das súas composicións, na estela de grandes mamíferos do reino musical como Radiohead, Chico Buarque, Wilco ou Leo Brouwer
Vista guiada na The Xalda ART Gallery e no Estudo a cargo do Artista Manolo Chazo.
Cata maridaxe da man de Parquistas de Carril (ameixa de Carril) composta de viños Castes con Sito Dieste e Xurxo Alba (Bodegas Albamar)
- Presentación do libro “A marabillosa historia do viño en Galicia”
- Concerto de Fla-meco, coñecidos no Grove e máis aló por facer flamenquiño.
- Señora Dj